Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do curso de adestrador básico de fútbol UEFA B, que comezará en Tui o mércores 5 de outubro

30/09/2016

O próximo luns 3 de outubro, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros de Tui, terá lugar a presentación do curso de adestrador básico de fútbol UEFA B, organizado pola escola de adestradores da Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Concello de Tui, que se realizará na aula CEMIT da Área Panorámica, a partir do mércores 5 de outubro.

Á mesma asistirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Laureano Alonso, o director da escola de adestradores da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera, así como José Luis Mosquera, responsable da escola na zona de Vigo.