Mañá preséntase o I Encontro de Corais da Eurocidade Tui-Valença
28/09/2016
Mañá xoves, 29 de setembro, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui será presentado o I Encontro de Corais da Eurocidade Tui-Valença que se vai celebrar este sábado.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, dos responsables de Cultura en Tui, María José González, e en Valença, José Monte, así coma dun representante de cada unha das agrupacións corais participantes.