Presentación do V Torneo de Fútbol 7 e do III Torneo de Tenis da Eurocidade
Xunto ao torneo de Hoquei da pasada semana e o torneo de xadrez do 24, serán as actividades a desenvolver no mes de setembro pola Eurocidade Tui-Valença
Mañá xoves, 15 de setembro, ás 11.00 horas españolas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación de dous eventos do calendario deportivo da Eurocidade, que se celebrarán a partir deste fin de semana, o V Torneo Eurocidade de Fútbol 7, organizado polo Tyde F.C. e o S.C. Valenciano, e o III Torneo de Tenis da Eurocidade, organizado polo Club Tenis Tui, ambos en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença.
Na mesma estarán presentes o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Laureano Alonso e José Monte, así como os responsables do Club Tenis Tui, Tyde F.C. e S.C. Valenciano.