Mañá preséntase o 12 Horas BTT Cidade de Tui que se celebrará o 1 de outubro
12/09/2016
Mañá martes, 13 de setembro, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do evento deportivo “12 horas BTT Cidade de Tui”, que se celebrará o sábado 1 de outubro, organizado pola Fundación Óscar Pereiro, coa colaboración do Concello de Tui. Esta proba percorrerá as rúas da cidade e que contará con outras actividades paralelas.
Na presentación estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o ex-ciclista profesional, Óscar Pereiro, a responsable das actividades paralelas, Adela Lamela, o responsable da organización do evento, Aurelio Piñeiro, e o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco.