Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberta a inscrición nas Escolas Deportivas da Deputación no Concello de Tui de patinaxe, balonmán, fútbol e piragüismo

5/09/2016

A Deputación de Pontevedra pon en marcha DEPOrte Escolas, programa deportivo totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para fomentar a práctica deportiva, que na pasada tempada contou en Tui con máis de 500 deportistas.

Así, nesta nova tempada, o Concello de Tui contará cos deportes do patinaxe, balonmán, fútbol e piragüismo, que comezarán as súas actividades no mes de outubro. No caso das escolas de piragüismo van dirixidas a nenos a partir dos 8 anos.

As inscricións poden realizarse ata o venres 23 de setembro, entregando cumprimentada a folla de inscrición na secretaría do Concello de Tui, a través dos clubs deportivos CPA Ribex de Tui, Club Balonmán Tui, CD Ribadelouro, Club Kayak Tudense e Club Piragüismo Penedo, no enderezo electrónico deportes@depo.es ou en calquera dos rexistros da Deputación ou nos das oficinas do  ORAL.

Información e  folla de inscrición