Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui recibiu aos olímpicos Óscar Carrera e Frank Casañas

1/09/2016

Recoñecer o traballo e o esforzo de ter participado nuns Xogos Olímpios foi o obxectivo da recepción realizada este mediodía na casa do concello de Tui a Oscar Carrera Amandi e Frank Casañas Hernandez pola súa participación en Río2016.
O padeeiro Óscar Carrera participou no K4 1000 metros foi quinto na final logrando así o diploma olímpico. Mentres o atleta Frank Casañas participou en lanzamento de disco nos que foron os seus quintos Xogos.
O alcalde, Enrique Cabaleiro González, transmitiulles a felicitación e orgullo da poboación tudense por ter representantes nun Xogos Olímpicos, o que dicía reflicte a boa saúde do deporte na cidade. O concelleiro de Deportes,Laureano Alonso Alvarez destacou o orgullo de poder contar con dous deportistas que levan o nome de Tui a uns Xogos Olímpicos, desexando que poidan volver estar presentes en Xapón 2020 xunto a outros deportistas tudenses. Tanto Óscar Carrera coma Frank Casañas agradeceron o apoio recibido dos tudenses. O acto contou coa presenza de familiares e amigos dos deportistas, xunto a aos tamén olímpicos Enrique Miguez GomezJesus González Álvarez e Nuria Dominguez.