Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción oficial aos olímpicos Óscar Carrera e Frank Casañas no Concello de Tui

31/08/2016

Mañá xoves, 1 de setembro, ás 12.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui,  realizarase unha recepción oficial aos deportistas Óscar Carrera e Frank Casañas, que participaron nos pasados Xogos Olímpicos de Río 2016.

Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Laureano Alonso, xunto ao outros concelleiros de Tui.

O Concello de Tui convida a todas aquelas persoas que queiran asistir a este recoñecemento público, que acudan ao salón de plenos para acompañar aos deportistas olímpicos.