Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“Os pingüíns de Madagascar” pechan este venres as xornadas de cine de verán da Axenda Cultural de Tui

24/08/2016

O filme proxectarase ás 22:00 horas na Praza de San Fernando.

As proxeccións de verán da Axenda Cultural de Tui rematan este venres, 26 de agosto, co filme “Os pingüíns de Madagascar”. A cita será a partir das 22:00 horas na praza de San Fernando e, coma sempre, será totalmente de balde.

A cinta é un “spin-off” da cinta Madagascar, e nesta ocasión, narra a historia dos catro irmáns que teñen un gran segredo: unha dobre vida como axentes secretos. Capitán, Kowalski, Rico e Soldado, membros da axencia segreda Vento Norte, tratarán de evitar que o Dr. Octavio Salitre destrúa o mundo.

O filme foi estreado en 2014 e producida por DreamWorks Animation e dirixida por Eric Darnell e Simon J. Smith contou cun orzamento superior aos 132 millóns de dólares (116 millóns de euros).