Retransmisión en directo da final do K4 1000m no que compite o tudense Óscar Carrera Poderá seguirse no salón de sesións da casa do concello de Tui
19/08/2016
Mañá sábado, 20 de agosto, a final do K4 1000 metros dos Xogos Olímpicos de Río no que compite o tudense Óscar Carrera, xunto a Rodrigo Germade , Javier Hernanz e Íñigo Peña, poderá seguirse en directo dende o salón de plenos do Concello de Tui. As portas da casa do concello abrirán a partir das 14:45 horas.
Dende o Concello de Tui convídase aos tudenses a animar todos xuntos a Óscar Carrera.