Está xa operativa a rúa Bispo Salvado nun so sentido de circulación
13/08/2016
Onte abriuse novamente ao tráfico a rúa Bispo Salvado tras as obras acometidas no firme deste vial. A apertura prodúcese coa novidade de que a rúa pasa a ser dun só sentido de circulación en sentido ascendente cara a rúa Martínez Padín, tras a decisión tomada nese senso pola concellería de Seguridade.