Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o 4 de setembro amósase en Tui a exposición “Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago”

7/08/2016

A Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica acolle dende o luns, 8 de agosto, e ata o 4 de setembro a exposición “Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago”. Na mesma recóllense fotografías realizas por Manuel G. Vicente achegándonos a súa propia visión da peregrinación a Santiago.

O luns ás 19.30h a mostra será visitada polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao bispo da diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela.

A exposición abrirá de luns a venres de 9 a 21h e os sábados de 9 a 13h.