Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá terá lugar a presentación do Torneo de Xadrez da Eurocidade

28/07/2016


Mañá venres, 29 de xullo, ás 12.30h no edificio da Cámara Municipal de Valença será presentado asa actividade de Xadrez e o Torneo de Xadrez da Eurocidade que se vai celebrar   dentro do calendario deportivo da Eurocidade.


Comparecerán ante os medios de comunicación por parte tudense o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, e o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón e por Valença o presidente da Cámara, Jorge Salgueiro, e o vereador de Desporto de Valença, Jose Monte. Tamén acudirán representantes dos clubs de xadrez da Eurocidade.