Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo celébrase o Descenso do río Miño en Boias

28/07/2016

Forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença


 


O río Miño será o escenario onde se desenvolva este domingo unha nova proba que se incorpora ao Calendario Deportivo da Eurocidade Tui. Trátase do Descenso do Río en Boias que partirá ás 15.30 hora española das areas recreativas de Caldelas, na beira española, e de Friestas, na beira portuguesa. Os máis dun centenar de participantes que se agardan farán derroche de imaxinación na construción de embarcacións que debe levar coma único requisito flotadores. O punto de chegara estará na insua do Conguedo.


Así o explicaron esta mañá na presentación da actividade o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, e o presidente da xunta de freguesía de Verdoejo. Laureano Alonso convidou aos tudense a sumar a esta iniciativa e disfrutar dunha tarde de verán en augas do Miño combinando deporte, lecer e confraternidade. O prezo da inscrición por persoa é de 5€ e pode facerse ata mañá venres en verdartrockfest@gmail.com ou no teléfono 00 351 96 200 63 76. Entre todos os participantes recibirán premio as embarcacións máis orixinais e tamén ás máis animadas.


Posteriormente na área recreativa de Verdoejo celebrarse o Verdoejo Art Rock.