Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pleno ordinario da corporación municipal mañá xoves ás 20h

27/07/2016

 

A corporación municipal celebra pleno ordinario mañá xoves, 28 de xullo, ás 20h coa seguinte orde do día:


1º.- Aprobación, se procede, de  borrador de acta de sesión  nº7/2016, de 30 de xuño.

2º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de aprobación inicial de Regulamento da Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil de Tui. 

3º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de supresión das Deputacións Provinciais.

4º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de acordar o cambio e ampliacións de uso do equipamento público nº 116 do PXOM, Escola de Chans-Randufe, de conformidade co art. 42.5 da lei 2/16 do Solo de Galicia.

5º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de inclusión do Concello de Tui na Área Metropolitana de Vigo.

6º.- Control ós órganos de goberno:

6.1. Disposicións de interese.

6.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.

6.3. Mocións.

6.4. Rogos e preguntas.

Ver orde do día