Este mércores preséntase a programación cultural do segundo semestre de 2016
11/07/2016
Este mércores, 13 de xullo, ás 11h na sala de reunións da Casa do Concello de Tui será presentada a programación cultural do segundo semestres do ano a desenvolver en Tui e que vén recollida no número 32 da Axenda Corredoira Cultural.
Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a a concelleira de Cultura, María José González xunto a Andrea González, directora do IKFEM; Samuel Diz, director de Música no Claustro; Andrea Costa, responsable de Arraianos, e representantes da Escola de Baile e Gaitas San Fins de Rebordáns que organiza a Noite Internacional do Miño, e da Banda de Música Popular de Tui polo XXV Festival de Bandas de Música.