Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Catedral de Tui acolle mañá ás 12h a presentación da sétima edición de “Os segredos da gaita”

6/07/2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, María José González, van participar mañá xoves, 7 de xullo, ás 12h na capela das Reliquias da Catedral de Tui na presentación da 7ª edición da obra Os Segredos da Gaita. A presentación correrá a cargo do autor do libro Xosé Lois Foxo e contará coa presenza do bispo da diocese de Tui-Vigo, Monseñor Luis Quinteiro Fiuza, e do mestre Antón Corral, xunto a outras personalidades vinculadas ao mundo da gaita.

Para esta presentación foi elixida a catedral de Tui ao constituír un museo da iconografía da gaita e da documentación histórica en torno a este instrumento. Na mesma representantes da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense recrearán temas da música litúrxica que se recolle nesta obra considerada a biblia da gaita.