Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o 16 de xullo pódense presentar as solicitudes para realizar os cursos preparatorios das probas do CELGA

4/07/2016


Ata o sábado 16 de xullo está aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar nos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4.  Cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas


Os interesados deben ser maiores de 16 anos, só poderán solicitar a realización dun curso e deberán presentar o modelo de solicitude xunto co seu DNI. A Xunta publicou o pasado 16 de xuño a Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística coa concesión destes cursos. No Baixo Miño impartiranse no IES A Sangriña da Guarda. Outros lugares cercanos serán o IES Ribeira do Louro en Torneiros, no Porriño, e no IES Ricardo Mella en Vigo.


As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para o que se utilizará o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no caso do Concello de Tui pódese presentar ao través do portelo único nas oficinas de Secretaría.