Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui destinará o local da antiga oficia de extensión agraria aos Servizos Sociais Municipais

1/07/2016

O Concello de Tui recupera para uso municipal un local situado na casa do concello que nos últimos anos foi ocupado pola oficina de extensión agraria. Tras quedar en desuso o Concello de Tui solicitou á Xunta de Galicia a súa reversión, que vén de ser aprobada pola Consellería de Facenda.


O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explica que este local, de 95 metros cadrados e que conta con acceso pola rúa Párroco Rodríguez Vázquez, será destinado ás dependencias dos Servizos Sociais Municipais. Nas próximas semanas será acondicionado o que permitirá a este departamento contar coas instalacións axeitadas para desenvolver o seu traballo.