Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os cidadáns poderán presentar no Concello a solicitude de cambio de domicilio no seu permiso de condución ou de circulación de vehículos

30/06/2016


Cambiar o enderezo no permiso de condución ou no permiso de circulación dos vehículos son dous trámites que os cidadáns tudenses poden realizar agora na casa do concello evitando desprazamentos ás oficinas da Dirección Xeral de Tráfico noutras cidades. Isto é posible grazas ao convenio asinado o pasado 9 de xuño entre o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a xefa provincial de Tráfico, María Isabel Alonso de Linaje Calzada que contempla o intercambio de información e a mutua colaboración administrativa, adheríndose ao convenio subscrito entre a Xefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias.


Así os cidadáns tudenses para realizar un cambio de domicilio no Rexistro de Condutores da DXT a efectos de notificacións, ou o cambio de domicilio de vehículos a efectos do imposto municipal de circulación poderán presentar a solicitude no modelo normalizado xunto co seu DNI nas oficias de Secretaría na casa do concello de Tui. A realización deste trámite non terá ningún custe para o solicitante. Dende o Concello remitirase a solicitude á Xefatura de Tráfico que incorporará os novos datos de domicilio nos seus rexistros e enviará unha carta ao interesado comunicando o cambio realizado no seu historial e a data de efecto.