Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres celébrase o Festival de Verán de Patinaxe Solidario

23/06/2016

Será dende ás 17.30h no novo pavillón de Tui




Tui. Mércores, 22 de xuño de 2016. Este venres 24, a partir das 17.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal, o CPA Ribex de Tui, en colaboración co Concello de Tui, organizará o Festival de Verán de Patinaxe, no que as patinadoras e patinadores do club tudense realizarán diferentes exhibicións, como peche da tempada deportiva.




O novo pavillón deportivo tudense encherase dun público que gozará coas actuacións dos diferentes grupos das escolas deportivas e do CPA Ribex, así como de grupos invitados de Tomiño e Mos.




Este ano o evento ten carácter solidario, dado que se colaborará coa asociación SOS Tomiño-Baixo Miño, entregando os alimentos aportados polo público, que doarán un quilo de alimento non perecedoiro como entrada ao acto.