Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ata o venres 17 pódense presentar as solicitudes para realizar as fogueiras de San Xoán

9/06/2016



Débese contar cunha póliza de responsabilidade civil, e as fogueiras situaranse coma mínimo a 20 metros das vivendas.


O Concello de Tui informa que ata o venres 17 de xuño está aberto o prazo para solicitar a autorización para a realización de Fogueiras de San Xoán. Os interesados deben cubrir o impreso normalizado , dispoñible na secretaría do concello ou na web municipal, e presentalo por rexistro de entrada xunto á documentación requirida (póliza de responsabilidade civil e plano de situación da fogueira).


No impreso farase constar o lugar exacto da fogueira, detallando a parroquia, aldea, rúa, tendo en conta que non se poderán realizar en terreos de natureza forestal ou que estean preto deles ou de vexetación susceptible de propagar o lume.  Amais debe respectarse unha distancia mínima de 20 metros entre a fogueira e as vivendas, vehículos de tracción mecánica, depósitos de combustible ou almacén de substancias especialmente inflamables.


As fogueiras realizaranse en buracos e terase a man mangueiras, extintores ou auga, e nas mesmas non se poderán queimar nin rodas nin plásticos.  É preciso amais contar cunha caixa de primeiros auxilios e póliza de responsabilidade civil cunha cobertura de 150 mil euros. Unha vez rematada a celebración a fogueira debe quedar completamente enterrada.

Impreso de solicitude de autorización