Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá sábado celébrase a Liga Sub22 de Baloncesto en Tui

3/06/2016


Mañá sábado, 4 de xuño, o vello pavillón deportivo de Tui albergará a liga sub 22 de baloncesto, coa participación do Club Baloncesto Tui, o FEDESA Rosalía de Castro, Santo Domingo de Betanzos e o Leyma Basquet Coruña.


Ás 10.00 horas disputarase o enfrontamento entre o club local e o Rosalía de Castro, e ás 12.00 horas o partido entre os de Betanzos e o Basquet Coruña. Ás 17.00 horas xogaranse a terceira e cuarta praza, e a final disputarase ás 19.00 horas.


Nesta liga sub22 participan oito equipos galegos durante tres fins de semana, sendo sedes nesta ocasión Tui e O Porriño. A organización corre a cargo da Federación Galega de Baloncesto, colaborando o Club Baloncesto Tui e o Concello de Tui.