Concedidos catro cursos de formación para desempregados ao Concello de Tui
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia concedeu 4 cursos de formación ao Concello de Tui dirixido a persoas en situación de desemprego, cunha duración que supera en todos os casos as 500 horas lectivas. Os interesados en realizar algún dos cursos débense inscribir na súa oficina de emprego.
Trátase dun curso de Operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica (Curso núm. 550 IMAI0108) que contará con 558 horas de duración. Para realizar o mesmo non é preciso ningún requisito previo de titulación. Para os outros tres é preciso contar co título da ESO ou equivalente e o CELGA2. Trátase dos cursos Montaxe de mobles e elementos de carpintería (Curso núm. 551 MAMR0108) con 538 horas de duración, Instalación de elementos de carpintaría (Curso núm. 548 MAMS0108 ) con 578 horas lectivas e Instalación de mobles (Curso núm. 552 MAMR0408) con 628 horas de duración.
Estas catro actividades formativas darán comezo nas próximas semanas.