O próximo mércores, 1 de xuño, abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2016
O próximo mércores, 1 de xuño, abre o prazo de inscrición para o Campamento de verán 2016 organizado polo Concello de Tui. Este ano celebrarase en dúas quendas: a primeira do 11 ao 27 de xullo e a segunda do 28 de xullo ao 12 de agosto.
A presentación de solicitudes, e documentación, realizarase na secretaría do Concello de Tui do 1 ao 10 de xuño.
Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do concello. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.
O prezo do campamento será o mesmo que nas edicións pasadas, estando establecido por quenda 30,56€.
Toda a información pode consultarse na web www.concellotui.org ou na secretaría do Concello de Tui.
Consultar Condicións xerais – Impreso de Solicitude