Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra este xoves ás 20h pleno ordinario

24/05/2016

A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 26 de maio, ás oito da tarde,  pleno de carácter ordinario con catro puntos na orde do día:


1º.- aprobación, se procede, de  borrador de acta de sesión  nº4/2016, de 28/04/2016.


2º.- Ditame da comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de aprobación expediente crédito extraordinario 2/2016.


3º.- Ditame da comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais en relación a corrección solicitada polo Liceo Casino de Tui.


4º.- Control ós órganos de goberno:


4.1. Disposicións de interese.


4.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.


4.3. Dación de conta do informe trimestral de intervención de cumprimento das obrigas trimestrais de subministración de información da Lei 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, correspondente ao primeiro trimestre do 2016.


4.4. Dación de conta do informe trimestral correspondente ao primeiro trimestre do exercicio 2016, elaborados conforme a Guía para a elaboración dos informes trimestrais que as entidades locais deben remitir ao Ministerio de Economía e Facenda, en cumprimento do artigo 4º da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de Medidas de loita contra a morosidade.


4.5. Mocións.


4.6. Rogos e preguntas.

 

Ver convocatoria