A Eurocidade Tui-Valença acolle a segunda proba do Open de España de Enduro de BTT- Big Ride Eurocidade
200 corredores participan esta fin de semana no Big Ride Eurocidade , Open de España de Enduro. Terán que realizar 50 quilómetros polo Monte Aloia e o Monte Faro onde están situados os 4 tramos da competición. Hoxe venres e mañá sábado teñen lugar os adestramentos oficiais e o domingo xa a o primeiro corredor sairá ás 8.30h dende a liña de saída na Macoca, en Tui, e cada 20 segundos sairá o seguinte ata completar os 200. Está previsto que o último corredor tome a saída do último tramo no Aloia ás 15.10h. A entrega de premios está prevista para ás 15.30h na Macoca onde estará situado o paddock.
A da Eurocidade é a segunda das catro probas que forman parte do Open. A primeira tivo lugar Ojén, e as próxima citas serán en Morella e Castejón de SOS.
Entre os participantes destaca a presenza do francés Karim Amour, lenda enduro internacional que gañou tres veces o Campionato Europeo de Enduro. Virá acompañado por todo o equipo BH Gravity Team. Tamén estará na Eurocidade o portugués Ze Manel Borges, corredor das Series Mundiais de Enduro e o francés Dimitri Tordo. Tamén competirán o actual campión do Open de España de Enduro, o alacantino Jacobo Santana e os galegos Toni Pérez e o tudense Rubén Rodríguez, actual líder do Open Gallego de Enduro. Entre as féminas destaca a estonia Maaris Meier e as españolas Marketa Michalkova Judith Viana, e malagueña de Cannondale Miriam Alcántara, vencedora en Ojén e actual líder do Open de España de Enduro.
A presentación do Big Ride Eurocidade tivo lugar onte Pousada de San Teotonio en Valença coa presenza de Laureano Alonso, concelleiro de Deportes de Tui; José Monte, vereador de Desporto de Valença, Juan Carlos Múñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo ; Guti Martín, director do Big Ride; e Jacobo Santana e Marcos Fildalgo, corredores.