Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui está a levar a cabo a limpeza do mobiliario urbano

16/05/2016


Traballadores municipais están rematando estes días a limpeza do mobiliario urbano, principalmente as farolas e papeleiras, para proceder posteriormente ao seu pintado. En concreto están a retirar os restos de carteis e anuncios colocados nestes elementos en todo o casco urbano. O obxectivo desta actuación é manter as condicións de limpeza que esixen o ornato e a estética do municipio.


A Ordenanza Municipal Reguladora do Ornato Público e a Limpeza Viaria do Concello de Tui recolle no seu artigo 18 a prohibición de realizar inscricións ou pintadas no mobiliario urbano e a colocación de carteis en lugares non autorizados.


Unha vez conclúan os traballos de limpeza a pintado do mobiliario urbano comezarase a sancionar a colocación de carteis ou  outros elementos nestes lugares, sendo responsable a empresa ou participar que se anuncia. A colocación de elementos publicitarios no mobiliario urbano está tipificado coma sanción moi grave sendo a multa de 800€.


A mesma ordenanza de Ornato Público e Limpeza recolle no seu artigo 23 a prohibición de esparexer e tirar sobre a vía pública, ou colocar en parabrisas de vehículos panfletos ou folletos.