Mañá venres ás 11h preséntase a segunda xornada da Liga Internacional de Clubs Luso Galega de Judo 2016
12/05/2016
Mañá venres, 13 de maio, ás 11.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, terá lugar a presentación da segunda xornada da Liga Internacional de Clubs Luso Galega de Judo 2016, que se disputará no novo pavillón deportivo municipal tudense, o domingo 15. Está organizada polos clubs Juvalença e o Judo Club Tudense .
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, a presidenta do Juvalença, Argentina Rosa da Silva, e o presidente do Judo Club Tudense, David Morais.