Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres preséntase a XIII Andaina Solidaria Tudense

4/05/2016


Este venres, 6 de maio, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación da XIII Andaina Solidaria Tudense, que un ano máis organiza o Club AndaTui Rego da Pedra , en colaboración co Concello de Tui. Celebrarase o sábado 14 de maio.


Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, e os responsables do club AndaTui, Xosé Manuel Novoa e José Martínez Tato.