Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio de Augas do Louro realiza tarefas de mantemento e melloras na rede de abastecemento de Tui

3/05/2016


O Consorcio de Augas do Louro comeza a realizar tarefas para mellorar a calidade do subministro da auga potable á poboación de Tui. Así mañá e o xoves vai acometer os primeiros traballos  consistentes na renovación dunha das redutoras de presión xeral, que regulan o abastecemento ao núcleo urbano tudense. Tamén van purgar a rede de abastecemento para eliminar a turbidez acumulada nas tubaxes.


Debido á realización destes traballos produciranse pequenos cortes no subministro que afectarán principalmente á Avenida da Concordia e que poderán xerar episodios de turbidez nas rúas Calzada, Coengo Valiño e no casco histórico.