Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Apertura do prazo de inscrición para a actividade “’Gran xogo sobre o Día das Letras Galegas”

30/04/2016

Celebrarase o martes, 17 de maio, na biblioteca para nenos a partir de 6 anos. Ofértanse 25 prazas

O próximo luns, 2 de maio, abre o prazo de inscrición para a actividade o ‘’Gran xogo sobre o Día das Letras Galegas’’ que se vai celebrar o martes, 17 de maio, ás 17.30h na Biblioteca Pública Municipal de Tui. Será realizada por Eduvía e na mesma os nenos, dende os 6 anos, deberán superar probas relacionadas co Día das Letras Galegas para acadar o premio final. Establécese un máximo de 25 participantes.

Os interesados pódense inscribir dende o luns na propia Biblioteca, en horario de luns a venres 9.30h a 13.30h e de 16 a 19h, por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou por teléfono no 617 49 81 03.

Por outra parte na Biblioteca están xa expostos os títulos máis salientables de Manuel María, o poeta o que se dedica o Día das Letras Galegas 2016.