Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A autonomía e os hábitos de estudo tema a tratar mañá nas xornadas “Educar para protexer”

27/04/2016


Mañá xoves, 28 de abril, ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica terá lugar a terceira charla das xornadas "Educar para protexer" organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres.

O tema a abordar nesta ocasión será "Como desenvolver a autonomía e os hábitos de estudo". Mª Pilar Blázquez Ballesteros, terapeuta ocupacional e fundadora do Centro de Terapia Ocupacional Pediátrica "Os Bambáns".

Desenvolver bos hábitos de estudo e expectativas respecto ás tarefas a realizar na casa, e o papel dos pais creando os estímulos, ambiente e materiais necesarios para que estudo sexa exitoso serán dúas das cuestións a abordar nesta charla, xunto á importancia de crear rutinas para o estudo e valorar a capacidade de traballos dos fillos, non só en función dos resultados académicos.

O programa destas xornadas pecharase o 26 de maio con Encarnación Sueiro Domínguez, doutora en psicoloxía e licenciada en pedagoxía, e psicóloga clínica do Centro de Orientación Familiar "Nóvoa Santos" do SERGAS quen abordará "Educación sexual e a educación en igualdade".