Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O equipo infantil masculino do Club Baloncesto Tui proclamouse campión da Liga Galega Infantil

26/04/2016


O Club Baloncesto Tui participará no Campionato de España de Baloncesto Infantil Masculino, que se celebrará no mes de xuño, entre os días 12 e 19, ao proclamarse campión da Liga Galega Infantil.


O equipo formado por Jorge Lampón, Alejandro, Jens, Joel, Pablo Morais, Jorge Prieto, Pau, Raul e Tilaye, e adestrado por Larry e Javi Niño, gañaron o seu penúltimo partido no Barco de Valdeorras, acadando o campionato a falla dunha xornada por xogar.


O Concello de Tui felicita aos xogadores, corpo técnico e directiva do Club Baloncesto Tui, por este éxito acadado e pola súa clasificación no Campionato de España infantil masculino.