A corporación municipal de Tui celebra este xoves pleno ordinario con seis puntos na orde do día
A corporación municipal de Tui celebra este xoves, 28 de abril, ás 20h pleno de carácter ordinario con seis puntos na orde do día.
1º.- Aprobación, se procede, de borradores de actas de sesións nº2/2016, de 25/02/2016 e nº 3/2016, de 23/03/2016.
2º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de aprobación Expediente Crédito Extraordinario 1/2016.
3º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de aprobación de expediente nº 1/2016 de recoñecemento Extraxudicial de Créditos.
4º Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de aprobación de expediente nº 2/2016 de Recoñecemento Extraxudicial de Créditos.
5º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de reclamación do mantemento da partida orzamentaria destinada á VAC Tui - A Guarda.
6º.- control ós órganos de goberno:
6.1. Disposicións de interese.
6.2. Dación de conta das Resolucións de Alcaldía dende o último pleno ordinario.
6.3. Dación de conta do Plan Orzamentario a medio prazo correspondente ao período 2017/2019, elaborado ao abeiro do disposto no artigo 29 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.
6.4. Dación de conta do informe trimestral de intervención correspondente ao cuarto trimestre do exercicio 2015, elaborados conforme a Guía para a elaboración dos informes trimestrais que as entidades locais deben remitir ao Ministerio de Economía e Facenda, en cumprimento do artigo 4º da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de Medidas de loita contra a morosidade.
6.5. Mocións.
6.6. Rogos e preguntas.