Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mónica López, Ella Cordon e Sara Pumar actúan o luns no IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes

15/04/2016


O próximo luns, 18 de abril, continua o IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes organizado polo Conservatorio Profesional de Música e pola Escola de Música de Tui que comezou no mes de marzo.


A sala de audicións do Conservatorio acollerá o luns ás 20.30h o concerto de  Mónica López Cerqueira á frauta traveseira, Ella Cordon Vieito ao piano e Sara Pumar Lomba, ao clarinete. A entrada é gratuíta.


O seguinte concerto do ciclo será o luns 25 de abril cando actuarán Felipe Fernández Vilanova á trompeta, e Antonio González Uris, ao piano. O cuarto e último dos concertos será o  venres, 29 de abril, con José Castro Martínez ao clarinete e Sergio Alonso Pazo á guitarra. Todos os concertos celebraranse na sala de audicións do Conservatorio de Música de Tui ás 20.30h e a entrada é gratuíta.