Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Selección de profesionais do sector de Coidado e Asistencia Social para a rexión de Oxfordshire (Reino Unido)

13/04/2016


People in Action é unha importante entidade sen ánimo de lucro que traballa cos servizos públicos de saúde e os concellos de varios condados do Reino Unido.

Busca traballadores para realizar asistencia domiciliaria (Support workers) en fogares particulares de pacientes que recibiron o alta hospitalaria pero deben continuar algún tipo de rehabilitación/coidado persoal nas súas casas.

Perfís demandados

Titulados de Formación Profesional ou Universitaria en ramas:

Sociais/asistenciais: Traballadores sociais, Psicólogos, Terapeutas ocupacionais,etc.

Sanitaria: Enfermer@s, Ciclos medios e superiores de FP Rama Sanitaria relacionados co perfil descrito.

Certificados de profesionalidade relacionados co perfil

 


Ampliar información


 

Os interesados poden contactar tamén con Elisa González Pérez, Conselleira EURES   na Ronda de Don Bosco,1.(Entrada por Paseo de Granada), no teléfono 00 34 886 218164 ou no correo eures-pontevedra.gonzalez@sepe.es