O martes preséntase o Curso de Monitor de Fútbol Base en Tui
8/04/2016
O próximo martes, 12 de abril, as 12.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do curso federativo de “Monitor de Fútbol Base”, que a Federación Galega de Fútbol, a través da Escola Galega de Adestradores, en colaboración co Concello de Tui, organizará na nosa cidade, a partir do mes de maio.
A presentación correrá a cargo do concelleiro delegado de Deportes, Laureano Alonso, do director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, e do responsable da escola na zona de Vigo, José Luís Mosquera.