Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción ás autoridades de Versmold no Concello de Tui

5/04/2016


Mañá mércores, 6 de abril, ás 10h no salón de sesións da Casa do Concello de Tui o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, acompañado doutros membros da corporación municipal recibirán á delegación de Versmold que se achegou ata Tui estes días con motivo das festas de San Telmo. Están en Tui o alcalde Michael Meyer-Herrmann, o vicealcalde, Horst Hardiek e  Jessica Schäperkötter.