Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Charla sobre uso seguro de internet e móbiles nas xornadas “Educar para protexer”

29/03/2016


Será o xoves ás 18h no salón de sesións da Casa do Concello de Tui

 

Este xoves, 31 de marzo, terá lugar a segunda das charlas previstas dentro das xornadas “Educar para protexer”  organizadas polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres, coa colaboración da Consellería de Sanidade.


A cita será este xoves ás 18h no salón de sesións da Casa do Concello de Tui  co charla “Pautas para pais, nais e educadores sobre o uso seguro de internet e móbiles” a cargo de Manuel Martínez, do Servizo Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil, e especializado neste tema.


 


Lembramos que o obxectivo desta actividade é ofrecer aos pais e nais, pero tamén a educadores e a todas aquelas persoas que se sintan implicadas, as ferramentas necesarias para evitar condutas que inflúan negativamente na educación de menores e adolescentes.


A próxima cita será o xoves, 28 de abril, coa terceira xornada titulada “Como desenvolver a autonomía e os hábitos de estudo” impartida polo Gabinete Psicolóxico Louriña. O programa pecharase o 26 de maio con Encarnación Sueiro Domínguez, doutora en psicoloxía e licenciada en pedagoxía, e psicóloga clínica do Centro de Orientación Familiar “Nóvoa Santos” do SERGAS quen abordará “Educación sexual e a educación en igualdade”.