Actividades infantís, deportivas e teatro no terceiro día das Festas de San Telmo
Os nenos son os destinatarios de parte da programación prevista para mañá luns, 28 de marzo, dentro das festas de San Telmo 2016.
De 11h a 13h no novo Pavillón Municipal os maiores de cinco anos poderán disfrutar da actividade de judo para nenos a cargo do Judo Club Tudense. As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse previamente no correo jctudense@gmail.com, ou no teléfono 689 018 511.
Media hora máis tardes, ás 11.30h, no Paseo da Corredoira ou en caso de choiva na Área Panorámica haberá “Globolandia” actividades infantís gratuítas a cargo de En un Tris Tras. Xa ás 16.30h a Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica acolle a proxección da película de cinema infantil “Carlitos y Snoopy”. A entrada é libre ata completar aforamento. Xa ás 19h no Paseo da Corredoira, ou en caso de choiva na Sala Félix Rodríguez, actuará o Rey Midas.
Por último ás 21.15h no Teatro Municipal comeza a VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis será o responsable de abrir esta Semana coa estrea da comedia “O caso da muller asasinadiña” baixo a dirección de Noelia Solla e con nove actores en escena. As entradas poranse á venda, ao prezo de 1,5€, dende ás 20.45h no despacho de billetes.