Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 12h minuto de silencio ante a casa do Concello de Tui como sinal de condena dos atentados de Bruxelas

22/03/2016


O Concello de Tui súmase á convocatoria realizada dende a Federación Española de Municipios e Provincias, FEMP, facendo un chamamento á cidadanía a gardar un minuto de silencio mañá mércores, 23 de marzo, ás 12h diante da casa do Concello en sinal de rexeitamento e condena dos atentados desta mañá en Bruxelas.