Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocatoria de prensa. Presentación de material turístico de Tui elaborado polo Obradoiro “Descubre Tui 2015”

14/03/2016

Mañá martes, 15 de marzo, ás 12h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a presentación do material promocional turístico de Tui elaborado polo Obradoiro de Emprego “Descubre Tui 2015” que rematou hai uns días a súa actividade.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, xunto a responsables do Obradoiro de Emprego.