Mañá preséntase a Xornada de intercambio de experiencias en proxectos transfronteirizos do programa Erasmus+ que se celebra en Tui
Mañá mércores, 9 de marzo, ás 10h terá lugar no primeiro andar da Área Panorámica a presentación da Xornada de intercambio de experiencias en proxectos transfronteirizos do programa Erasmus+, no ámbito de educación e a formación, que mañá mesmo se celebra en Tui.
Comparecerán ante os medios de comunicación Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Pablo Martín González, director do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), Jorge Salgueiro, presidente da Cámara da Valença, Xosé Areses, director da Unidade de Coordinación do SEPIE, Inés Sereno do SEPIE, Miguel Capón, concelleiro da Eurocidade e José Monte, vareador de Cultura de Valença.
A continuación, ás 10.30h, terá lugar a inauguración da Xornada a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e do director do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), Pablo Martín González.
Programa
-
Ás 10.00h Rolda de Prensa
-
Ás 10.30h Inauguración
-
Ás 11.00h
-
Presentación dos resultados, logros e impacto do Programa Erasmus + e do Programa de Aprendizaxe Permanente, PAP, en España e Portugal
-
Erasmus + e a política educativa: apoio as competencias básicas, inclusión, diversidade e formación continua do profesorado
-
-
Ás 12.00h Os proxectos transfronteirizos do Programa Erasmus + no ámbito da Educación e a Formación dende a perspectiva institucional
-
Ás 12.30h Boas prácticas de centros educativos en proxectos transfronteirizos do programa Erasmus+
-
Ás 13.30h Erasmus+. Grupos de traballo e dinámicas
-
Ás 15.30h Erasmus +. Grupos de traballo por sectores
-
Ás 17.30h Clausura