Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Declaración Institucional do Concello de Tui co Gallo do Día Internacional da Muller

7/03/2016


O día 8 de marzo foi declarado polas Nacións Unidas , Día Internacional da Muller , polo tanto o Concello de Tui quere mediante a presente declaración, mostrar o total compromiso e apoio nas súas políticas, á defensa da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, facendo fincapé na aplicación de estratexias sociais e prácticas institucionais que melloren a vida das mulleres e que dean visibilidade ós seus problemas. O día 8 de marzo representa para nos un ideal de xustiza e igualdade sen o que non é posible pensar nunha sociedade moderna e xusta, por iso, hoxe temos que facer unha lembranza e unha homenaxe ó enorme esforzo e sacrificio na memoria de tódalas mulleres que enarboraron con valentía a bandeira dos seus dereitos civís e políticos, do mesmo xeito que outros defenderon os seus empregos e a igualdade salarial.


 


            A igualdade de xénero supón unha visión diferente sobre as nosas cidades e pobos, facendo que sexan espazos de convivencia nos que as mulleres e os homes compartan en igualdade de condicións o protagonismo dun tempo novo.


 


            Por todo isto o Concello de Tui considera que a conmemoración desta xornada supón unha oportunidade máis para amosar o noso compromiso irrenunciable na defensa dos dereitos da Muller, manifestando ademais a nosa implicación na resolución dos graves problemas que soportan  aínda moitas mulleres y queremos mostrar tamén a nosa clara defensa da Muller diante da lacra da violencia de xénero, loita na que o Concello leva moito tempo involucrado e comprometido.


 


            Así mesmo, celebramos o impulso por parte de Nacións Unidas do programa “Por un planeta 50-50 no 2030: deamos o paso para a igualdade de xénero ”, para acadar un mundo no que tódalas mulleres e nenas teñan as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos.


 


            O Concello de Tui vai garantir sempre a igualdade entre homes e mulleres na totalidade dos espazos da política local, así como o acceso e integración da Muller en todos os aspectos da vida pública, ese é o seu compromiso, para todas as persoas que viven no noso  Concello e que demandan vivir en igualdade


 


 


 


            En Tui, a 8 de marzo de 2016