Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe celébrase o Día de Rosalía. Haberá unha actividade para nenos na Biblioteca

24/02/2016

Hoxe celébrase o Día de Rosalía. Hai 179 anos nacía en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, autora entre outros de Follas Novas e Cantares Gallegos, figura clave das nosas letras.

Para conmemorar esta data en Tui ás seis desta tarde a Biblioteca Municipal acolle un espectáculo de xogos, cantos e poesía entorno á figura de Rosalía da man de Crearte Servizos Culturais . Vai dirixido a maiores de 5 anos. É preciso inscribirse na na propia Biblioteca, por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou por teléfono no 617 49 81 03. Aínda quedan prazas vacantes.