Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este venres preséntase a Regata Miño Internacional de Remo – Copa Presidenta da Deputación

13/01/2016

Este venres, 15 de xaneiro, ás 11.00 horas, no salón de sesión da Casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación da “Regata Miño Internacional de Remo – Copa Presidenta da Deputación”. Esta proba deportiva  celebrarase este domingo 17 de xaneiro organizada  polo Club Remo Miño Tui, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Remo.

Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o presidente do Club Remo do Miño, José Luis Méndez, e o presidente do Club Remo Tui, Francisco Javier Álvarez.