Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo celébrase o Festival de Nadal de Patinaxe

15/12/2015

O Club de Patinaxe Artístico Ribex, en colaboración co Concello de Tui, organizará este domingo, 20 de decembro, ás 18h no novo pavillón deportivo municipal de Tui o Festival de Nadal de Patinaxe.

Neste festival realizarán exhibicións os grupos de competición do club e das escolas deportivas de patinaxe, así como outros participantes de Tomiño e Mos. Coma todos os anos por estas datas, contarán tamén coa visita especial de Papá Noel e outras sorpresas.

Por outra parte o CPA Ribex participará este sábado, 19 de decembro, na presentación das seccións do Club A Quinta de Tui FS. Tres dos grupos do club de patinaxe actuarán entre os partidos que se disputarán no pavillón novo. Ás 18h xogarán os equipos de fútbol sala sénior local, e ás 20.30h o sénior autonómica.