Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá sábado preséntase no Teatro Municipal o libro “Receitas con historia” de Alejandro Da Cuña

11/12/2015

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá sábado, 12 de decembro, ás 19h a presentación do libro “Receitas con historia” de Alejandro Da Cuña. Trátase dun libro no que o seu autor recompilou ao longo dos últimos dous anos e medio receitas tradicionais que se elaboraban nas casas de Tui e da contorna.

O acto deste sábado no teatro tudense contará coas intervencións do alcaldes de Tui, Enrique Cabaleiro, e de Salceda, Marcos Besada, do propio autor, Alejandro Da Cuña, e de Xosúe Campos. Amais está prevista a actuación da Banda de Gaitas de Guillarei e a proxección de dous vídeos das asociacións Síndrome de Rett, e Síndrome deleción 1p36 ás que irán destinadas os fondos da venda deste libro.

A entrada para esta presentación é de balde, debendo retirarse as invitacións, un máximo de dúas por persoa, o sábado dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica.

Presentación do libro “Receitas con historia” de Alejandro Da Cuña

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Sábado, 12 de decembro, ás 19h

Retirada de entradas de balde dende ás 18.30h, un máximo de dúas por persoa