Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá presentarase a Axenda de Nadal que realizan en conxunto a Eurocidade Tui-Valença

2/12/2015

Mañá xoves, 3 de decembro, ás 12.30h españolas na Pousada de San Teotónio de Valença, terá lugar a presentación da Axenda de Nadal que realizan en conxunto a Eurocidade Tui-Valença.

Ó acto de presentación acudirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes; xunto ó concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón Rey; a concelleira de Cultura, María José González; o concelleiro de Turismo e Deportes, Laureano Alonso e o vereador de Cultura da Cámara de Valença, José Monte.