Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui convoca unha concentración mañá ás 12h en repulsa aos atentados de París

14/11/2015

Sábado, 14 de novembro de 2015. O Concello de Tui convoca unha concentración mañá domingo, 15 de novembro, ás 12h diante da Casa do Concello, coma mostra de repulsa e condena dos atentados terroristas de París.

Deste xeito o Concello de Tui súmase á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias coma sinal de do ante estes feitos que custaron á vida a máis dun centenar de persoas.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, no seu nome e no do equipo de Goberno de Tui amosa ou seu “máis fondo pesar polos feitos acontecidos en París que non son mais que unha mostra da barbarie”. Ao tempo o rexedor amosa “toda a solidariedade a aquelas familias tudenses que por distintas razóns teñan familiares ou amigos residindo nesa cidade”